martes, 23 de noviembre de 2021

ACCESO A CICLO SUPERIOR

ACCESO A CICLO SUPERIOR

Comenzamos en octubre


Os ciclos formativos de grao superior responden á necesidade dunha formación de maior nivel e cualificación respecto dos ciclos formativos de grao medio. A proba de acceso a estes estudos representa a chave da transición para aquelas persoas que desexen progresar na súa carreira académico-profesional pola vía da formación profesional inicial, mediante o exercicio do dereito á promoción e á formación ao longo da vida.

Será condición imprescindible para concorrer á proba ter cumpridos dezanove anos ou cumprilos no ano natural de celebración da proba.

Así mesmo, tamén poderá presentarse quen teña cumpridos dezaoito anos no ano natural de celebración da proba e dispoña dun título de técnico relacionado coa familia profesional incluída na opción á que opta.

A proba divídese en dúas partes:

- Parte común: lingua galega, lingua castelá e matemáticas

- Parte específica:

Opción A: economía da empresa, lingua estranxeira (inglés ou francés), e filosofía e cidadanía.

Opción B: debuxo técnico, tecnoloxía industrial, e física.

Opción C: ciencias da terra e ambientais, química e bioloxía.

A proba dará lugar á obtención dunha certificación na que constará a nota final lograda e a cualificación obtida en cada unha das partes que a compoñen.

No caso de superación da proba, a devandita certificación incluirá a relación de familias profesionais nas que se posibilitará o acceso a ciclos formativos de grao superior en función da opción elixida, nas condicións de admisión que se establezan.

Para quen realizara a proba na Comunidade Autónoma de Galicia e non a superara na súa totalidade, a certificación permitirá manter a cualificación obtida nas partes superadas cunha puntuación igual ou superior a cinco durante un máximo de dous anos nas probas de acceso a ciclos formativos de grao superior en Galicia